top of page

CLAVES PARA BOAS PRÁTICAS

DECÁLOGO PARA ELABORAR UNHA BOA PRÁCTICA

A partir da síntese analítica dos discursos das 14 entrevistas e dos marco extraído dos REA analizado, establécese o seguinte decálogo de criterios orientadores para calquera equipo docente que desexe deseñar e implementar unha boa práctica de alfabetización dixital crítica con perspectiva de xénero:

​

  1. Partir da realidade dixital e dos contornos reais do alumnado: Deseñar situacións de aprendizaxe ancoradas nas plataformas que realmente consomen (TikTok, Instagram, videoxogos, IA xerativa), evitando discursos abstractos ou desconectados do seu día a día.
     

  2. Garantir a integración curricular transversal: Articular os obxectivos de igualdade e competencias dixitais dentro dos saberes básicos e criterios de avaliación das materias, superando a dependencia exclusiva das efeméride (8M, 25N).
     

  3. Fomentar o pensamento crítico e a desconstrución de nesgos: Enseñar a analizar a falla de neutralidade nas imaxes, algoritmos de redes sociais e aplicacións de IA, visibilizando as estruturas de poder e o patriarcado como fenómeno estrutural.
     

  4. Adoptar metodoloxías activas e produción propia: Priorizar o aprendizaxe baséase en proxectos, a creación de contidos dixitais propios (podcasts, vídeos, infografías) e o aprendizaxe-servizo fronte á mera recepción pasiva de información.
     

  5. Promover a empatía a través da inversión de roles e o role-playing: Utilizar dinámicas de dramatización e xogos de rol onde o alumnado experimente as vivencias e emocions doutras persoas fronte ao ciberacoso e á discriminación.
     

  6. Xestionar as resistencias desde o diálogo e o coidado: Achegarse ao alumnado reticente ou con discursos contrarios sen ridiculización nin desautorización, creando un clima de aula seguro baseado no respecto e na empatía.
     

  7. Despolitizar a igualdade ancorándoa nos dereitos humanos: Presentar a coeducación e a igualdade de xénero como un principio ético e de dereitos humanos universal, biolóxica e socialmente xusto para todas as persoas.
     

  8. Involucrar á comunidade educativa e ás familias: Establecer canles de participación coas familias, asociacións locais e entidades sociais para aliñar as mensaxes do centro cos contextos do entorno.
     

  9. Construír equipos docentes colaborativos: Evitar o illamento docente promovendo grupos de traballo interdisciplinares e esixindo espazos de coordinación dentro do horario lectivo.
     

  10. Avaliar o impacto no clima de convivencia e documentar a experiencia: Rexistrar evidencias cualitativas de cambio actitudinal na aula e nos recreos, documentando a práctica para garantir a súa sostibilidade e transferibilidade a outros centros.

​

bottom of page