top of page

O EQUIPO

Abraham.jpeg

ABRAHAM BERNÁRDEZ GÓMEZ (COORD.)

Doutor en Educación e profesor do Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra). Especializado en liñas de investigación sobre inclusión educativa, innovación pedagóxica e o estudo das contornas dixitais, conta cunha ampla traxectoria no desenvolvemento de proxectos orientados á transformación da escola.​

MARTINA ARES FERREIROS

Doutora e docente na Área de psicoloxía evolutiva e educación na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte na Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra). Especializada en procesos cognitivos e metacognitivos nos procesos lectores, e na atención á diversidade e procesos de inclusión educativa nos que traballa en diferentes proxectos para mellorar os procesos de ensinanza-aprendizaxe, así como o benestar emocional do estudantado

Martina.jpeg
Bras.jpeg

BRAIS GONZÁLEZ ARRIBAS

Doutor en Filosofía e profesor da área de Filosofía na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra). Especialista en pensamento contemporáneo, hermenéutica, ontoloxías relacionais e posthumanismo, a súa traxectoria investigadora céntrase no estudo dos procesos de produción da subxectividade e da condición humana no presente, así como no papel das novas tecnoloxías na súa transformación. A súa actividade investigadora aborda tamén a fundamentación dunha filosofía ecolóxica e as relacións entre cultura, natureza, tecnoloxía e educación.

ROCÍO GONZÁLEZ SUÁREZ

Doutora en Educación e profesora na Universidade de Vigo, na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte (Campus de Pontevedra). A súa traxectoria docente e investigadora está vinculada á psicoloxía da educación, con especial interese na aprendizaxe autorregulada, a motivación académica e o papel das variables cognitivas, metacognitivas e emocionais nos contextos educativos. A súa actividade investigadora céntrase na mellora dos procesos de ensinanza-aprendizaxe, a innovación educativa e o desenvolvemento de recursos e metodoloxías que favorezan a aprendizaxe autónoma e o benestar do alumnado.​

Rocio.jpeg
Aroa.jpeg

AROA OTERO RODRÍGUEZ

Doutora en Educación e docente na área de psicoloxía evolutiva e educación na Facultade de Educación e Traballo Social na Universidade de Vigo (Campus de Ourense). A súa traxectoria docente e investigadora céntrase no ámbito da psicoloxía da educación, con especial interese nas altas capacidades intelectuais, a atención á diversidade, procesos cognitivos e a intelixencia artificial aplicada á educación. Participa en diferentes proxectos de investigación orientados á mellora dos procesos de ensino-aprendizaxe, á promoción dunha educación inclusiva e ao fomento do benestar do alumnado.

MARIA ELENA VILA SUÁREZ

Doutora en Ciencias da Actividade Física e do Deporte pola Universidade da Coruña e profesora titular da Área de Educación Física e Deportiva no Departamento de Didácticas Especiais da Universidade de Vigo.  Como investigadora do grupo HealthyFit, traballa na avaliación e no adestramento da forza muscular, con especial interese na súa aplicación para preservar a capacidade funcional e a autonomía das persoas maiores. A súa traxectoria inclúe tamén a participación en proxectos de innovación docente no ensino universitario centrados en novos aprendizaxes y uso da IA.

Elena.jpeg
bottom of page